A empresa Erimsa, concesionaria das explotacións mineiras de cuarzo que afectarán a sete municipios da Terra Cha (Lugo), asegura que a “actividade extractiva” que ten previsto realizar nesta comarca “non prexudicará ao sector primario”, porque a compañía respectará as bases de solos rústicos de especial protección agropecuaria, forestal ou de infraestruturas, recollidas na nova Lei de Minería de Galicia. Por iso, garantiza o emprego dos recursos naturais e insiste en que preservará os terreos “de alta produtividade”.
Por outra parte, Erimsa comprométese a “devolver os terreos aos seus propietarios en perfectas condicións de uso” e a traballar “un máximo de dous meses en cada hectárea”. Tamén lembra que a súa actividade nesta comarca, ademais de xerar “30 postos de traballo directos”, respectará “os ciclos produtivos dos terreos agrícolas, de modo que os agricultores poidan programar as plantacións e os cultivos sen ter interferencias nas colleitas”.