A cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal fortalécese coa posta en marcha da Agrupación Europea de Cooperación Territorial que comezará a funcionar nas vindeiras semanas no edificio administrativo do antigo Reitorado da Universidade de Vigo. A AECT contará coa figura dun director, cun subdirector, con persoal técnico e administrativo e posuirá unha asemblea formada por catro representantes da Xunta e outros catro da Rexión Norte de Portugal. Segundo o secretario xeral de Relacións Exteriores, Julio Fernández Mato, “as cidades que conforman a Eurorrexión deben complementarse”, polo que defende unha rede de cidades policéntrica no territorio da Eurorrexión.
Por outro lado, a mediados do vindeiro mes de xaneiro celebrarase unha reunión entre diputados ourensáns e lusos na localidade de Verín, de cara a impulsar o proxecto da Eurocidade Verín-Chaves. Segundo remarcou o alcalde verinés, Juan Manuel Jiménez, “este proxecto de colaboración transfronteiriza está por enriba da política e das ideoloxías. Trátase de apostar polo futuro de Verín e Chaves e penso que os gobernos de España e Portugal así o entenderon”. Nese sentido, o Eixo Atlántico agarda que a Cumbre Ibérica que terá lugar o 22 de xaneiro en Zamora dea un respaldo definitivo a este proxecto.