A Consellaría de Cultura e Deporte investirá 180.000 euros nunha nova actuación para recuperar e poñer en valor o Castelo dos Sarmiento en Ribadavia. Intervirase no tramo da muralla na rúa Tomás de Lemos, onde se realizarán traballos de escavación, recuperación estrutural e iluminación da muralla.
A actuación realizarase grazas ao convenio que asinarán Cultura e o Concello de Ribadavia, e que será aprobado no Consello da Xunta do vindeiro martes, 30 de decembro. O Castelo de Ribadavia é unha fortaleza medieval edificada no século XV e da que hoxe só quedan a muralla , que vai paralela ó río Avia, e os torreóns que flanquean tres portas: a Porta da Cerca, a Porta Nova e a Porta Falsa. A porta da Cerca é pola que se fai o acceso ao castelo. Está formada por un arco de medio punto e conta con dous brasóns sobre ela. No interior, atopamos restos dunha necrópole altomedieval, cadaleitos antropoides da antiga capela de San Xes e restos da cheminea onde estivo o escudo dos Sarmiento, señores de Ribadavia que serviron aos Reis Católicos nas guerras de Portugal e Granada.