Descobren baterias beneficiosas para a supervivencia dos peixes

Varios expertos do Instituto Max Planck de Microbioloxía de Göttingen (Alemania) descubriron que algúns microorganismos eliminan sulfuros de hidróxeno que matan aos animais mariños, entre eles, algúns de interese para a flota pesqueira. Deste xeito, poderíase paliar, en certa medida, a baixada nas capturas de diversas especies, que tanto está a afectar aos mariñeiros galegos. Tal é o caso da escaseza de sardiña que provocou o despedimento de varios traballadores da confraría de Sada.

Segundo os científicos, estes descubrimentos teñen implicacións para a xestión da contaminación de orixe agrícola en aguas litorais. Precisamente, estas zonas litorais representan o 90% das pesquerías do mundo e constitúen unha importante reserva de alimentos para o planeta.