O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, acompañado de directivos do Museo do Ferrocarril de Galicia, que coordina Luis Blanco, recibiron a unha delegación das Illas Baleares, encabezada polo alcalde de Sant Llorenç, Mateu Puigrós, e o presidente da fundación Ferrocaib, Guillem Febrer. Os compoñentes desta delegación quixeron coñecer as instalacións ferroviarias de Lemos, así como tamén os traballos e o material acollido nas súas instalacións.
A intención é trasladar a experiencia monfortina e aplicala nun proxecto similar en Baleares, coa intención de incrementar o número de visitas e variar a oferta turísticas das illas.
A intención é trasladar a experiencia monfortina e aplicala nun proxecto similar en Baleares, coa intención de incrementar o número de visitas e variar a oferta turísticas das illas.