Fegatur promove bonos de regalo para asegurar a ocupación en temporada baixa

A Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur) considera que os bonos de regalo de turismo rural fomentarán a “ocupación segura en temporada baixa”, ademais de “dar a coñecer” a asociación entre os usuarios. Co obxectivo de incrementar a ocupación nas épocas do ano con menos clientela, a presidenta de Fegatur, Marisol Lorenzo, presentou un produto “atractivo” para as empresas e “satisfactorio” para os clientes: bonos que inclúen unha noite de aloxamento en habitación dobre e almorzo para dúas persoas nunha serie de casas rurais adscritas á iniciativa. Poden consultarse na web www.bonofegatur.com.

Os bonos distínguense polo seu prezo en tres tipos: ouro (75 euros), prata (65 euros) e bronce (55 euros). A encargada de xestionar as reservas será Turgalicia.