Galicia é a terceira comunidade autónoma que máis locais de hostalería ten por habitante. En concreto, un local por cada 104 veciños, co se temos un total de 26.473 establecementos. Só Baleares e Cantabria teñen máis locais por habitante que Galicia, mentres que no extremo contrario se sitúa Ceuta, cun local por cada 248 veciños. Tampouco andan moi sobrados en Melilla e Madrid que, curiosamente, ocupa o terceiro lugar pola cola.
Os galegos tampouco nos podemos queixar no que se refire a tendas de alimentación, pois tocan a unha por cada 127 habitantes, para un total de 21.000 establecementos.
Os galegos tampouco nos podemos queixar no que se refire a tendas de alimentación, pois tocan a unha por cada 127 habitantes, para un total de 21.000 establecementos.