Uns cen gandeiros galegos suscribiron xa os contratos homologados para a compravenda de leite coa empresa Leite Río, un modelo que outras firmas tentan tamén aplicar. Segundo fontes da leiteira lucense, os produtores están interesados en acollerse a esta fórmula xa que, ao xuízo de Leite Río, garante a “estabilidade” no sector. A empresa parte dunha base de 33 céntimos de euros, á que se suma a prima concedida en función do volume de leite vendido e outra pola calidade do recurso, máis o IVE.
Leite Río foi a primeira de Galicia en introducir os contratos homologados, pero as principais industrias do sector tentan implantar o mesmo sistema cos seus produtores, tal é o caso de Pascual ou Celta.