A Consellería de Medio Ambiente e Augas de Galicia promoverán o desenvolvemento de accións formativas e divulgativas relativas ao uso racional da auga e as boas prácticas medioambientais mediante un acordo asinado coa Unión de Hostaleiros de Ourense (UHO). Está prevista tamén a posta en marcha de dúas xornadas técnicas de difusión de eco-tecnoloxía (equipamentos, instalacións) nas empresas hostaleiras.
“Trátase dunha iniciativa pioneira da Unión de Hostaleiros de Ourense” explicou o conselleiro, e enmárcase na campaña sobre o uso racional da auga que emprendeu a Xunta destinada a sensibilizar á poboación sobre este recurso natural. Entre as accións incluídas no convenio atópase a creación dun canal temático sobre hostalería e medio ambiente, que inclúe a edición quincenal dun boletín electrónico e autodiagnose medioambiental para o sector en website, e a edición dunha guía de boas prácticas medioambientais. A guía recollerá recomendacións dirixidas aos hostaleiros en cuestións como o uso da enerxía e a auga, as compras, limpeza, rego, cociña, entre outras. A guía, da cal está previsto editar preto de 1.500 exemplares, publicarase en formato papel e electrónico.