O presidente da Xunta e a conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride, presidiron o acto de colocación da primeira pedra da autovía Carballo-Berdoias, unha vía que servirá para vertebrar as comunicacións da Costa da Morte. Nese sentido, Touriño explicou que en toda Galicia haberá nun futuro próximo oito vías de altas prestacións que garantirán a conectividade de toda a costa: a da Costa Norte, Costa da Morte, Santiago-Noia e a variante de Marín, en fase de execución; as autovías do Salnés e do Barbanza, en servizo; e a do Morrazo e a Tui-A Guarda, en fase de proxecto.
O presidente salientou que a Vía de Alta Capacidade da Costa da Morte, cuxo orzamento supera os 340 millóns, sitúa a esta zona “en igualdade de condicións e de oportunidades co resto do litoral galego”. Pola súa banda, a conselleira anunciou que o vindeiro 8 de xaneiro coñecerase o proxecto gañador do Parador de Muxía, no que se investirán 20 millóns de euros.
Pero non só se realizan melloras na costa xa que o treito da vía de altas prestacións entre Nadela y Sarria, que forma parte da que nun futuro inmediato unirá Lugo e Monforte, entrou xa en funcionamento e supón aos usuarios un aforro de tempo de 20 minutos entre Lugo e Sarria. O corredor que unirá a capital da provincia e Monforte suporá un avance nas conexións do Norte coa autovía A-6 e a autovía do Cantábrico (A-8) e cara o sur interconectará co que será a A-76, que unirá Ponferrada-Monforte e Ourense.