O Consello da Xunta aprobou o decreto polo que o Pazo de Meirás, en Sada, pasa a formar parte da lista de bens de interese cultural de Galicia. A súa declaración como BIC coa categoría de sitio histórico entrará en vigor a partir da publicación do decreto no DOG, e suporá outorgarlle o máximo grao de protección a este edificio do século XIX e estilo neomedieval moi ligado á figura de Emilia Pardo Bazán.
Para chegar a esta declaración, a Xunta tivo que superar a oposición dos actuais propietarios, a familia Franco, que non permitira a entrada dos técnicos de Patrimonio. Unha vez se publique no DOG, o edificio deberá abrirse ao público de forma gratuíta catro días ao mes. Á parte, calquera intervención nel necesitará unha autorización previa de Patrimonio e os seus propietarios terán a obriga de manter e coidar o inmoble.