A pesca galega non está atravesando o seu mellor momento no que a volume de capturas se refire e aos prezos que estas acadan nas lonxas, pero non por iso deixa de apostar por realizar melloras no sector. Unha delas é a introdución de diferentes medidas tendentes a garantizar a calidade dos produtos do mar. Á creación da marca “PescadeRías, de onde se non?” súmase agora outra medida da Xunta de Galicia que consiste na incorporación de dez inspectores que revisarán as descargas pesqueiras. Así, o plantel do Servizo de Gardacostas aumentará ata os 141 traballadores.
Nunha liña semellante, a asociación de Armadores de Burela vén de confiar á empresa Emetel Sistemas a implantación dunha rede wi-fi no porto para mellorar o control da trazabilidade dos produtos pesqueiros. Deste xeito búscase optimizar os procesos e garantir a máxima calidade, algo que se reforzará unha vez que Burela entre na devandita marca “PescadeRías”.
Outra loita que manteñen aberta os mariñeiros é a relativa aos prezos, que non acadan os valores desexados polo sector. Así, por exemplo, no porto de O Berbés, os baixos prezos do peixe obrigaron a retirar no que vai de mes unhas oitenta toneladas para convertelas en fariña. As especies máis afectadas foron a pescada, o rapante, a raia e o congrio, pero tamén se destinaron a fariña especies como o abadexo, a faneca ou o xurelo. Este mecanismo de defensa dos prezos está establecido pola Unión Europea e é considerado polos armadores “como unha boa ferramenta para a estabilidade do mercado”.
De todos os xeitos, segundo os datos que ofrece a Consellaría de Pesca, 2008 pecharase con valores non moi diverxentes dos de 2007. Así, a estas alturas, as lonxas galegas superan os 423 millóns de euros trala comercialización de case 167 millóns de kilos de peixe. En 2007, co ano xa pechado, vendéronse 172 millóns de kilos, cunha facturación de 463 millóns de euros.