A Federación Ecoloxista Galega vén de realizar un balance do 2008, felicitándose pola declaración de novas Paisaxes Protexidas e Zepas (como as do val do Navea ou os Penedos de Traba) pero lamentando outras medidas moito máis agresivas co medio ambiente, segundo denuncian. Así, a FEG chama a atención sobre diversas “agresións” cara o medio ambiente como o Plan de Estradas ou os plans Acuícola e de Portos Deportivos. Asimesmo, os ecoloxistas botan en falta a creación dos parques naturais de Ancares, Macizo Central e O Courel, amais da prometida ampliación da Rede Natura 2000, da que Galicia segue a ser o “pechacancelas”.
Pola súa banda, a Consellaría do Medio Rural e o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño veñen de anunciar unha serie de actuacións en zonas da Rede Natura 2000, nas que se investirán preto de 25 millóns de euros. As actuacións teñen como obxectivo a conservación e mellora da diversidade biolóxica destes espazos. Así, entre outras accións, crearanse os centros de interpretación da reserva da biosfera do Río Eo, do Parque Natural Fragas do Eume e os futuros dos Ancares, O Courel, Macizo Central e Pena Trevinca.