Os mariñeiros galegos seguirán sen pescar bocarte

A delicada situación biolóxica que atravesa a pesquería do bocarte no golfo de Biscaia fai que, na actualidade, a súa biomasa se sitúe por debaixo das 30.000 toneladas, cando o mínimo recomendado para poder levantar a veda é de 33.000 toneladas. Dadas estas cifras, prevese que a prohibición para pescar esta especie continúe, e xa está establecida dende 2005.

Segundo a propia ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, Elena Espnosa, a situación é “extrema”. E mentres a veda continúa, o Goberno ten que facer fronte a un importante volume de axudas destinadas aos mariñeiros afectados. Ata o momento, a veda xa lle custou ao noso país 26 millóns de euros en axudas. Entre as comunidades máis afectadas pola prohibición sitúase Galicia.