A Pesca como cultura e actividade turística

Ata o vindeiro 29 de xaneiro amplíase o prazo para presentar traballos ó concurso fotográfico Pescanatur. O tema do concurso é a cultura mariñeira, o mundo do mar e a pesca. O consorcio Pescanatur analizará todas e cada unha das fotos enviadas; cada participante poderá enviar un máximo de 5 fotos, descartando aquelas que non reúnan un mínimo de calidade ou que non se axusten ás bases.

Os premios serán unha viaxe Pescanatur a elixir entre un roterio en barca nas rías de Vigo ou Arousa ou un roteiro polos bancos marisqueiros da ría de Pontevedra ou Arousa.