Ribeira conta cun Biocentro de produción ecolóxica que fomenta a integración de persoas con discapacidade
O conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, visitou o Biocentro de Produción Ecolóxica, situado na localidade coruñesa de Ribeira, que contou para o seu desenvolvemento co apoio da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). Grazas a esta axuda puidéronse poñer en marcha tres actuacións relacionadas coa formación en materia de agricultura, viveiros e xardinería ecolóxicas.
O Biocentro de Ribeira fomenta a integración social e laboral das persoas con discapacidade, ao mesmo tempo que promove actividades agrícolas respectuosas co medio ambiente.
O Biocentro de Ribeira fomenta a integración social e laboral das persoas con discapacidade, ao mesmo tempo que promove actividades agrícolas respectuosas co medio ambiente.