A asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra presentou o material que levará á próxima edición de Fitur. Trátase dunhas guías do Camiño de Inverno das que se editaron 10.000 exemplares en galego e castelán. A publicación destes volumes contou coa colaboración da Dirección Xeral de Turismo e a Fundación Comarcal.
A presidenta da asociación, Aida Menéndez, destacou, precisamente, a importancia de que as institucións públicas decidiran prestar o seu apoio á divulgación do Camiño de Inverno e manifestou a súa confianza en que consiga nun prazo relativamente breve o recoñecemento oficial como ruta xacobea.