Turismo de Santiago e Viajes El Corte Inglés asinaron un convenio de colaboración co fin de potenciar a oferta turística de Compostela e a súa difusión e comercialización a través de produtos concretos, operados e distribuidos por Viajes El Corte Inglés na Península Ibérica. O convenio estará en vigor ata o 30 de novembro de 2009 e conta cun plan de marketing de 300.000 euros cofinanciados ao 50%.
As accións de promoción estarán dirixidas a diferentes segmentos de clientes dos mercados español e portugués: particulares en xeral, titulares da tarxeta de compra de El Corte Inglés, visitantes da páxina web de Viajes El Corte Inglés, persoal do grupo de empresas de El Corte Inglés, persoal de empresas clientes de Viajes El Corte Inglés e colectivos clientes de Viajes El Corte Inglés. Tamén se desenvolverá unha campaña de publicidade en prensa, radio e Internet.