Arredor de 20 restaurantes lalinenses xa amosaron o seu interese por participar un ano máis no Mes do Cocido de Lalín, segundo informou a concelleira de Festas e Ocio, Nuria Rodríguez. “Neste momento, estamos pechando o folleto e as actividades de promoción desta actividade relacionada coa Feira do Cocido, polo que os establecementos que desexen sumarse a esta proposta deberán comunicalo no Concello á maior brevidade posible”.
O Mes do Cocido desenvólvese do 15 de xaneiro ao 14 de febreiro, é dicir, de San Amaro a San Valentín. “Durante a última edición, os restaurantes participantes atenderon a máis de 12.000 comensais que se achegaron a Lalín a degustar o noso cocido, unha cifra que se incrementa ano tras ano grazas á promoción e á calidade do produto que se ofrece”, engadiu.