O conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible presentou o libro “Espazos naturais de Galicia”, do que a Consellaría editará 2.500 exemplares e que se pode ler en galego, castelán e inglés. Na presentación, Vázquez afirmou que as figuras de protección da natureza non representan unha barreira ao seu avance senón que se tratan dunha oportunidade para os habitantes destas zonas.
Nese sentido, o conselleiro lembrou que Medio Ambiente puxo en marcha programas como “Parques para Vivir” e “Empregonatura”, creou a Rede e o Consello de Parques Naturais de Galicia ou elaborou os primeiros Plans de Desenvolvemento Sostible para mellorar as condicións de vida dos veciños dos espazos naturais