Viños doces de Valdeorras a través de uvas conxeladas e pasificadas

A Consellaría do Medio Rural está a financiar un proxecto de investigación para a obtención de viños doces na D.O. Valdeorras a partir de uvas conxeladas e pasificadas. Trátase dunha tradición vitivinícola da zona, a elaboración de viño tostado a partir de uva pasificada tras varias semanas de secado natural. Será o segundo viño tostado, tralo rexistrado pola Denominación de Orixe do Ribeiro, realizado en Galicia por este proceder.

A investigación experimentará, ademais, outro método novidoso en Galicia: a obtención de viños doces mediante o conxelado previo da uva. O obxectivo, con ambas técnicas, é conseguir un produto de alta calidade e moi valorado no mercado. O Consello Regulador da D.O. Valdeorras e a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) elaboran o proxecto.