Aprobada a creación da reserva de dereitos de plantación de viñedo en Galicia

Medio Rural vén de aprobar o decreto de creación da reserva autonómica de dereitos de plantación de viñedo de Galicia que ten como finalidade a mellora da xestión do potencial vitícola, evitar a súa perda e fomentar o uso eficaz dos dereitos de plantación entre as persoas solicitantes, con prioridade para a mocidade e membros de cooperativas. Pasarán a constituír esta reserva os dereitos non utilizados polos seus titulares nos prazos establecidos e os xerados nas superficies de viñedo abandonado. Serán repartidos entre os viticultores que os soliciten, segundo os devanditos criterios de prioridade.

Unicamente se asignarán dereitos de plantación de viñedo procedentes da reserva a aquelas parcelas destinadas á produción de viños cunha Denominación de Orixe ou unha Indicación Xeográfica Protexida.