Comeza a Semana Gastronómica do Cocido de Lalín en Madrid, que se desenvolverá ata o vindeiro 1 de febreiro nos restaurantes Sanxenxo e Combarro. O cociñeiro lalinense José Luis Cabanas (na foto co alcalde, Xosé Crespo) trasladouse ex profeso á capital do Estado para a preparación do menú, levando con el todo o material necesario para a súa elaboración.
Esta é a primeira vez que Madrid acolle unhas xornadas gastronómicas adicadas monograficamente ao Cocido de Lalín e agárdase que durante os sete días que durará a programación sexan moitas as persoas que se acheguen aos restaurantes do galego Manuel Domínguez Limeres a degustar este prato. O menú está composto por cocido, sopa de cocido e diferentes postres típicos a un prezo de 26,75 euros.
Por outra banda, o director da Universidade Internacional Menéndez Pelayo en Galicia, Xosé Luis Barreiro Rivas, e o escultor cambadés Francisco Leiro serán nomeados novos Comendadores da Orde do Cocido, integrada por máis de 120 personalidades relevantes tanto do ámbito galego como nacional. Súmanse, entre outros, a Carlos Glez. Reigosa, María Castro ou Carlos Alsina, que tamén serán nomeados este ano.
Por outro lado, o restaurante “O Pote” de Santo Domingo (República Dominicana), propiedade do galego natural de Ribadavia, Francisco Mosquera Villanueva, alzouse co premio a nivel internacional máis destacado na difusión da Gastronomía Galega. Con este galardón complétase a nómina dos Premios de Gastronomía de Galicia deste ano.
Todos estes Premios, xunto cos gañadores do Premio Nacional de Xornalismo “Álvaro Cunqueiro” serán entregados no transcurso da Gala da Gastronomía galega, que terá lugar o venres día 6 de febreiro.