O Concello de Santiago e a Xunta de Galicia veñen de constituir a Comisión de Cooperación para a xestión do vindeiro Ano Santo 2010. O órgano contará con tres representantes municipais e outros tres do goberno galego e encargarase de todo o relacionado con esta importante cita. Despois do primeiro contacto, agárdase que proximamente se celebre a reunión de traballo inaugural.
O alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, lembra que en 2010 se achegarán a Santiago milleiros de persoas e que a seguridade é unha das cuestións fundamentais. “É necesario garantir a seguridade dos peregrinos. Nese sentido, o Ano Santo é un gran reto que require poñer en tensión todos os recursos dos que dispoñamos”, explicou. Pola súa banda, o conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, amosouse confiado en que o Xacobeo 2010 será un éxito. “Somos optimistas porque existe unha experiencia extensa, doutras edicións, e sabemos cales poden ser os puntos críticos”, sinalou.