A Costa da Morte xa ten Consorcio de Turismo

O Consorcio de Turismo da Costa da Morte foi presentado oficialmente en Fitur. Os encargados de facelo foron o presidente da entidade, José Ramón Varela Rey (alcalde de Malpica); o vicepresidente da Deputación, Pablo Villamar; presidente da Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte, Manuel Pan; o deputado provincial Xoán Manuel Sande e o director xeral de Turismo, Rubén Lois.

Todos se amosaron convencidos de que a creación do consorcio vai representar unha mellora na xestión do turismo na zona, consolidando unha marca que xa existe.