A mediados de ano, o recinto feiral da cidade das Burgas, Expourense, verá finalizada unha obra moi importante, e que marcará o seu futuro: a súa insonorización. Esto permitirá que o recinto acolla os grandes concertos musicais que se celebren na cidade con mellores condicións acústicas (algúns artistas xa se queixaran das deficiencias de Expourense neste eido).
O investimento, que corre a cargo do Concello, ascende a catrocentos mil euros. Por outra banda, tamén se están mellorando os estacionamentos, o sistema de videovixilancia ou as terrazas exteriores, entre outros.