Esta fin de semana agárdase que milleiros de persoas se acheguen ao Ifema para coñecer as propostas dos diferentes territorios que están presentes na Feira Internacional de Turismo, Fitur 2009. Galicia segue a ter un gran protagonismo nos actos promocionais que se celebran e, así, na terceira xornada da feira tiveron lugar diferentes presentacións como a da festa do Corpus de Ponteareas, a da Rosca de Xema Guardesa, a do Requesón e o Mel e a do Tinto de Rubiós das Neves ou a da Lamprea de Arbo (na foto). Unha das visitantes do stand de Turismo Rías Baixas foi a secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal. Tamén se presentou o programa “Sanxenxo, Congresos, Incentivos e Reunións”, por parte de Turismo de Sanxenxo.
Outro territorio que está levando a cabo un importante labor de promoción é Terras do Ulla e Tambre, composto polos municipios de Arzúa, Boimorto, Boqueixón, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado dos Monxes, Toques, Touro, Vedra e Vilasantar. Entre os atractivos desta zona, a súa gastronomía, con produtos como o queixo Arzúa-Ulloa ou o mel.
E outras novidades que se coñeceron en Fitur foron as da empresa FEVE, entre elas, a posta en marcha dun sistema para facilitar servizos online do Transcantábrico ás axencias de viaxes. Ademais, tamén se presentou o novo “call center” de Trenes Turísticos de Feve, co número 902 555 902.