A distribuidora galega Gadisa proxecta a construción dun gran centro loxístico en Medina del Canpo (Valladolid). O proxecto enmárcase nos plans de expansión da empresa, tras quedarse pequeño o actual centro loxístico en Castela e León. A nova instalación podería crear uns cento cincuenta postos de traballo na zona.