Algunhas vilas galegas xa respiran o ambiente típico do Entroido. Quizais os festexos máis tradicionais se sitúan na provincia de Ourense, cos exemplos de Laza, Xinzo ou Verín, aínda que non hai que esquecer outras localidades como Vilaboa (Pontevedra) ou a zona da Ulla. Precisamente, os “xenerais” xa percorreron as rúas da comarca compostelá anunciando a chegada do Entroido, desfile que o tempo desluciu. Tamén na capital de Galicia, establecementos privados comezan a perfilar as súas festas, como é o caso do Hostal dos Reis Católicos que celebrará o día 20 un pioneiro baile de máscaras.
En O Grove, este ano grabarán un documental sobre o Entroido, que incluirá unha serie de entrevistas cos principais animadores dos festexos. Ademais, as actuacións das comparsas serán recollidas nun disco. Tamén na provincia de Pontevedra, a localidade de Cuntis volcarase na celebración do Entroido dentro dunha campaña turística que, baixo o lema “Un inverno de Entroido en Cuntis” procura dar a coñecer os atractivos desta vila termal.