Uns 500 nenos de tres centros de ensino de A Coruña participarán esta semana, na Biblioteca Pública Miguel González Garcés, das dez sesións de actividades plásticas e audiovisuais da campaña 'Os Contos do Camiño'. Esta iniciativa está organizada pola Consellería de Innovación e OQO Editora. Esta terceira edición botou a andar hai dúas semanas en centros da provincia de Ourense, Lugo e Pontevedra e estenderase ata o remate do curso escolar. As dúas anteriores campañas tiveron unha excelente acollida coa participación de 10.000 nenos, que coñeceron a importancia do Camiño de Santiago na transmisión oral da cultura e do patrimonio inmaterial de diferentes pobos do mundo.
Como remate da actividade os nenos e as nenas elaborarán oito cadernos, un por cada Ruta Xacobea, nos que deixarán a súa pegada, como mostra de ter participado nesta viaxe colectiva. Ao longo das sesións, irase formando un camiño cada vez máis grande que, no remate das actividades, se exporá no Museo do Pobo Galego en Santiago.