A mellor forma de coñecer un territorio é percorrelo a pé. Esta afirmación, que comparten os amantes do sendeirismo, é unha das principais motivacións das dúas novas rutas que se van crear nos concellos ourensáns de Bande e Rairiz de Veiga e no pontevedrés de Forcarei. No primeiro caso, trátase da recuperación de camiños forestais do Monte Grande, que une os dous municipios. A iniciativa contempla a recuperación de mámoas, petos de ánimas, áreas recreativas, fontes e viveiros.
A ruta de Forcarei permitirá descubrir algúns dos tesouros etnográficos dos que dispón, entre eles as antigas naveiras, excavadas no monte para a produción de xeo a partir da neve. Tamén se porá en valor a aldea abandonada de Grovas.