Ata 300.000 euros ao ano ten que pagar o Concello de Ourense para solventar os efectos dos actos vandálicos no mobiliario urbán. E esta é unha situación que, desgraciadamente, repítese noutras cidades e vilas galegas. Na capital das Burgas, as zonas máis afectadas son os parques públicos e os paseos fluviais, onde os vándalos poden gozar de certa “intimidade”.
A maioría dos destrozos prodúcense no verán e na primavera, cando as condicións meteorolóxicas son favorables. Os actos vandálicos máis frecuentes son pintadas e graffitis, así como rotura de mobiliario urbán e roubo de prantas. Espazos como a ponte vella, a catedral ou as Burgas non se libran dos ataques destes individuos.