Un ano máis, o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico, Inorde, será un estreito colaborador de Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que se celebrará en Expourense entre o 4 e o 8 de febreiro de 2009. O Instituto farase cargo dun dos 18 restaurantes presentes na feira, no que ofrecerá un menú degustación baseado na pataca acompañada por distintos produtos recoñecidos co distintivo de Indicación Xeográfica Protexida de Galicia. Este restaurante contará con 100 prazas e o menú terá un prezo de 12 euros.
A promoción da pataca por parte do Inorde continuará no IV Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde, onde responsables da entidade impartirán una conferencia sobre as “propiedades nutritivas e organolépticas da pataca”, unha ponencia se completará cunha cata de distintos pratos elaborados con pataca.