O Sindicato Labrego Galego pide a Medio Rural medidas de apoio ao sector vitivinícola

O Sindicato Labrego Galego (SLG) insta á Consellaría de Medio Rural a tomar medidas "urxentes" para apoiar aos viticultores galegos ante a liberalización "total" das plantacións prevista na Organización Común de Mercado (OCM) para o ano 2015.

O responsable do sector do Viño do SLG, Manuel Docampo, dirixiu unha carta ao titular de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, na que traslada as peticións do sector. Unha das principais é a convocatoria da Mesa do Viño. Con respecto a esto, recordaron que a Consellería "comprometeuse" a reunir aos distintos representantes das organizacións do sector durante o ano 2008, pero non o fixo "a pesar" de ser o ano de aplicación da OCM vitícola. Tendo en conta a situación do sector vitícola galego, a organización sindical reclama a Medio Rural que "dea a cara" e explique que medidas aplicará para conseguir "manter" aos viticultores na actividad e "impedir ser substituídos" por "unha viticultura industrial ligada ás multinacionais".