Este mércores comeza no recinto feiral de Expourense unha nova edición do Salón Galego de Gastronomía e Turismo Xantar, que terá a Arxentina como país convidado en 2009. Os asistentes ao evento poderán escoller entre vinteoito menús diferentes, procedentes de diferentes comarcas galegas (Ferrol-Ortegal-Eume, A Coruña, Vigo, A Guarda ou Terras do Avia), do veciño Portugal (Douro Sul ou Alto Minho) e de varias comunidades autónomas españolas, como Andalucía ou Asturias. O país invitado ofrecerá, asimesmo, dous menús.
Os prezos son lixeiramente inferiores aos dos menús do ano pasado, oscilando entre os doce euros do menú degustación dos produtos con Indicación Xeográfica Protexida ou os dezaoito euros dun menú asturiano e doutro de O Barco aos trinta e oito euros do menú de Andalucía, con diferentes pratos de carne.