A economía dos galegos non está para moitos sustos, por iso os restaurantes que estarán presentes este ano en Xantar decidiron baixar os prezos con respecto á anterior edición do evento, cun descenso de dous euros de media. Deste xeito, agárdase que o prezo dos menús non sexa un impedimento para que milleiros de persoas se acheguen ata Expourense para coñecer a oferta gastronómica de varias rexións españolas e portuguesas. Baixa o prezo pero non a calidade.
Unha das comunidades autónomas que estará presente na cita ourensá é Asturias, que celebrará o sábado 7 de febreiro o seu día grande. As autoridades do Principado promocionarán os produtos agroalimentarios artesanais asturianos, especialmente os amparados por DOP ou IXP, así como os denominados Alimentos de Asturias. De feito, celebrarase un almorzo-degustación destes produtos, acompañada da actuación da Banda de Gaitas “La Reina del Truébano”.