A Sociedade que organiza os campionatos de tiro ao pombiño da illa de A Toxa vén de iniciar unha rolda de contactos para conseguir patrocinios de cara á próxima edición do evento pois, segundo explica o seu presidente, Ramón Braña (na foto), “non se mantén cos ingresos que xera”. Os principais interesados na celebración do campionato, e os que están a recibir as solicitudes de patrocinio, son os hostaleiros locais.
Existen diversas formas de patrocinio, pero a intención dos organizadores é que se implique toda a hostalería da comarca. O obxectivo é poder acadar os fondos necesarios para organizar unha proba destas características, que non conta co apoio das administracións públicas. Só en premios repártense 168.000 euros.