Segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, Ourense é a única cidade galega na que medrou o número de visitantes e de pernoctacións durante 2008. En concreto, o incremento foi do 6,9% no número de viaxeiros, pasando dos 103.465 de 2007 aos algo máis de 109.000 do pasado ano.
No caso das pernoctacións, o incremento foi do 3,9%. A primeira parte do ano foi especialmente boa, cun crecemento de máis do 10%, que foi diminuíndo a partir de setembro. Entre as ferramentas empregadas polo Concello de Ourense para atraer visitantes está o plan de captación hosteleira.