Se unha mensaxe quedou clara no arranque de Fitur 2009 é que o turismo é un dos sectores clave para paliar os efectos da crise económica que padece o noso país. Por iso, tanto os políticos como os empresarios presente en Ifema coinciden en sinalar que se debe investir en promoción, como unha estratexia de futuro. Nestes termos se manifestou o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, quen asegurou que nunha situación de crise como a actual “é importante apostar polo turismo como elemento dinamizador da nosa economía”. Quintana explicou que, para favorecer o funcionamento do sector, vaise poñer en marcha o Plan de Acción Turística 2009. A estratexia para este ano pasa por fortalecer o turismo de proximidade, así como o mercado español. O Camiño de Santiago será un dos reclamos fundamentais para a atracción de turistas.
Unha das ofertas que se presentou en Fitur é a de Ourense, uin paseo virtual en tres dimensións pola cidade. Deste xeito, os visitantes poden facerse unha idea de como é a capital das Burgas dun xeito interactivo. Pero ademais, Ourense fixo gala en Fitur da súa oferta termal e incidiu na importancia da investigación e da colaboración entre a administración e a universidade para seguir avanzando neste eido.
Pero non só as administracións están realizando promoción en Fitur. Tamén o sector privado se está mobilizando para dar a coñecer a oferta turística galega. Tal é o caso dos empresarios hostaleiros da Mariña lucense que se queixan de que non se sinten representados polos diferentes organismos que acudiron á feira. Os empresarios manteñen contactos directos cos operadores de turismo cos que traballan durante todo o ano.
Outras empresas aproveitan a súa presenza en Fitur para presentar os seus plans de futuro. Tal é o caso de Iberostar, que anunciou a apertura de oito hoteis no presente ano, todos no estranxeiro. Pero ademais, investirá quince millóns de euros en reformar moitos dos establecementos que ten en España.