Turismo Rías Baixas-Deputación de Pontevedra volverá estar presente na Feira Internacional de Turismo Fitur 2009, na que presentará un total de trece festas, nove delas de carácter gastronómico, ademais de tres programas turísticos. Así, os asistentes á feira poderán asistir ás presentacións da Festa da Conserva e a Festa do Viño de Ribadumia, da Feira do Cocido de Lalín, da Festa do Albariño, Festa da Ostra de Arcade, Feira Medieval de Pontearnelas (Vilanova de Arousa), Festa da Arribada de Baiona, Fogos de Bouzas, Festa Gastronómica do Xabarín de Cerdedo, Festa da Toita de Ponte Caldelas, Festa do Corpus Christi de Ponteareas, Festa da Rosca de Xema Guardesa, a Festa do Requesón e o Mel e do Viño Tinto de Rubiós de As Neves e da Festa da Lamprea de Arbo.
Tamén se presentarán os programas turísticos “Vilanova de Arousa: un destino familiar”, “O Salnés a Medida” e “Sanxenxo, Congresos, Incentivos e Reunións”.
Tamén se presentarán os programas turísticos “Vilanova de Arousa: un destino familiar”, “O Salnés a Medida” e “Sanxenxo, Congresos, Incentivos e Reunións”.