As marcas brancas non convencen aos galegos

Os galegos son os españois que menos produtos de marcas brancas compran e os que menos invisten nos alimentos baratos que os supermercados comercializan coa súa propia marca. Así o indica un estudo da empresa especializada TNS Wordpanel. O informe sinala que as familias galegas destinan unha media de 574 euros ao ano á compra de produtos de marcas blancas, 78 euros menos que a media de gasto dos españois a alimentos desta gama.

A análise dos hábitos dos galegos detectou que as familias de Galicia, aínda que non son as que menos acoden ao supermercado en busca de marcas brancas, si son das que menos diñeiro adican a estes produtos, con 10,68 euros en cada ticket por día da compra.