Pousadas de Portugal, unha cadea semellante a Paradores, decidiu adaptarse á situación económica mundial e baixar os seus prezos, de forma que está ao alcance de case todos os petos pasar unha noite nun destes emblemáticos establecementos e degustar un menú de calidade. Así, pódese pasar unha noite nunha Pousada dende 30 euros e probar un menú degustación por 19,50 euros.
Pousadas de Portugal conta na actualidade con corenta establecementos que están ubicados en antigos pazos, castelos, conventos e casas señoriais en todas as rexións de Portugal. Son aloxamentos de calidade con instalacións e servizos de hoteis de luxo.