A Consellaría do Medio Rural promove a plantación de oliveiras a través da liña de axudas do plan de mellora de explotacións agrarias, cuxo prazo de solicitudes estará aberto ata o 31 de maio próximo. Todos os agricultores que queiran poñer en marcha unha plantación destas características poderán solicitar subvencións, diferentes en función da zona de produción e o tipo de produtor.
O cultivo da oliveira tivo no pasado un importante peso en determinadas zonas das provincias de Ourense e Lugo, estando na actualidade en fase de recuperación coa posta en marcha de varias experiencias piloto que permitiron a plantación de 37.500 oliveiras nos concellos de Barbadás, Petín e Verín.