A Confederación de Empresarios de Hostalería de Galicia (Cehosga) denuncia que no reparto de fondos que levou a cabo a Consellaría de Traballo “a entidade que representa ao sector hostaleiro galego vese prexudicada”. O presidente do colectivo, Juan Silva, explicou a El Correo Gallego que, tras un recorte do cincuenta por cento no exercicio anterior, este ano a cantidade asignada é aínda máis baixa.
Silva sinala que a formación no sector da hostalería é moi importante e máis tendo en conta que recibe a moitas persoas que quedaron sen traballo noutras actividades. “A un traballador que vén da construción, antes de poñelo en atención ao público, hai que reciclalo”, explica. Cehosga lembra que o sector hostaleiro equivale ao doce por cento do PIB galego.