A décima edición do Campionato Galego de Cociñeiros, que se celebra o próximo día 4 de marzo no Centro Superior de Hostalaría de Galicia (Santiago de Compostela), reunirá a recoñecidos xornalistas gastronómicos e importantes profesionais da hostalaría para xulgar a traballo dos oito cociñeiros galegos seleccionados para esta final.
O Grupo HG&T, organizador de Campionato, reuniu un ano máis a un xurado internacional para asegurar a calidade e absoluta imparcialidade no resultado deste X Campionato Galego de Cociñeiros.
Un xurado técnico composto por Roberto Walther, Xefe do departamento de cociña do Centro Superior de Hostelería de Galicia; Alberto García, do Restaurante Mesón de Alberto-Membro de Amigos da Cociña Galega, e Chus Castro, do Restaurante Bitadorna-Membro do Grupo Xantares, estará surpevisando dende primeira hora o traballo na cociña para valorar a hixiene e limpeza no posto de traballo.
Entre os membros do xurado degustador atoparánse, entre outros, Mario Hernández Bueno, crítico gastronómico e Presidente da Asociación da Prensa de Las Palmas; Javier R. Ponte “Taky”, Presidente do Grupo Nove e único cociñeiro que participou no Campeonato do Mundo “Bocouse d`Or” no ano 2000, despois de gañar o Campeonato Galego; Alfredo Castrelo, Presidente da Asociación Xantares; Luis Blanco, Presidente da Aociación de Restaurantes Galegos Lareira; José Solla, Presidente de Amigos da Cociña Galega; Diego Domínguez, do Restaurante Combarro de Madrid, en representación da Asociación Jóvenes Restauradores; Paz Ivisón, Xornalista Revista Sibaritas (Madrid); Mikel Zeberio, Cociñeiro e Xornalista Diario Deia (País Vasco); Francisco Bobadilla, Presidente do Gremio de Hoteles; Nely Concheiro, Presidenta da Asociación Turístico Alimentaria e propietaria da Conserveira Hijos de Ramón Peña; Carmen Parada, da Asociación Galega de Xornalistas de Escritores de Turismo, e o comunicador lisboeta André de Quiroga, que internacionaliza este xurado.
A labor do xurado será calificar a presentación dos pratos, o gusto e a orixinalidade das receitas de bacalao noruego e solomillo de tenreira, acompañadas das súas respectivas guarnicións, que os oito cociñeiros elaborarán durante máis de cinco. A valoración deste xurado determinará quen será o cociñeiro que o próximo 31de mayo e 1 de abril represente a Galicia no "XII Campeonato de España de Cocineros 2009", que se celebrará en Madrid dentro do "XXIII Salón Internacional do Club Gourmets", e polo tanto con opcións de clasificarse para o "Bocouse d´Or", homologado como Campionato do Mundo.
Os gañadores do Campionato daranse a coñecer o mesmo día no transcurso dunha cea, que se celebrará nas mesmas instalacións do Centro Superior de Hostalaría de Galicia, que acolle o Campionato. Os premios entregaránse, como xa é habitual, no transcurso da Gala do Turismo e Gastronomía Galega.