A crise vénlle ben ao turismo rural do Eume

Unha sondaxe realizada entre nove establecementos de turismo rural da comarca do Eume sinala que o sector rexistrou un repunte, no que se refire ao índice de ocupación, con respecto á temporada de 2008. Esta tendencia fai aos empresarios seren optimistas de cara a Semana Santa, a primeira proba de fogo do presente ano no que a turismo se refire.

Os establecementos xa comezan a pechar as primeiras reservas e, en xeral, reciben moitas chamadas de posibles clientes interesados.