O Diario Oficial da Unión Europea publica o regulamento sobre a protección da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, abrindo un periodo de seis meses de exposición para que calquera entidade, empresa ou particular poida presentar alegacións. Deste xeito iníciase o paso previo para o rexistro desta nova IXP na lista de produtos europeos protexidos con selo de calidade.
Unha vez transcorridos os seis meses e de non presentárense alegacións, procederase á inclusión da Faba de Lourenzá no devandito rexistro. A área de protección desta IXP comprende o territorio costeiro da provincia de Lugo.