A Confraría de Cambados dou por finalizada a campaña da vieira deste ano, na que os mariñeiros extraeron uns 87.000 kilos deste marisco. Estas capturas permitiron unha facturación superior aos 300.000 euros, segundo explicou a Diario de Arousa o patrón maior, Benito González, xa que o kilo estívose vendendo a 3,70 euros.
O patrón maior destacou que esta foi unha boa campaña en xeral para o sector, xa que permitiu que, durante o Nadal que é unha época de forte consumo de marisco, as embarcacións tiveran varias especies entre as que elixir e non todas foran capturar a mesma.