Lamprea do Miño en Monçao

Os Fins de Semana Gastronómicos, que arrancaron sete días atrás en Viana do Castelo, chegan este sábado e o domingo ata a localidade de Monçao. Os pratos exaltados son a Lampreia à Moda de Monçao e Barrigas de Freira para a sobremesa. Están adheridos a esta iniciativa, posta en marcha pola extinta Região de Turismo do Alto Minho (agora E.R.T. Porto e Norte de Portugal), un total de 29 restaurantes.

O presidente da Cámara Municipal, José Emilio Moreira, aproveita a ocasión para invitar a todos os galegos a gozar da gastronomía monsaense nestas datas “e durante todo o ano”, unha localidade que ofrece “moitos atractivos paisaxísticos e patromoniais e sobre todo a amabilidade das nosas xentes”, salienta o alcalde.