A localidade pontevedresa de Baiona agarda que unhas duascentas mil persoas acudan á Festa da Arribada, que se celebrará os vindeiros sete e oito de marzo. Por tal motivo, faise necesario un incremento da seguridade cidadá, ao obxecto de garantir o desenvolvemento de todas as actividades previstas.
A xunta local de seguridade reuniuse para organizar todo o dispositivo e decidiu incrementar a dotación ata os cento cincuenta axentes. Tamén se rebaixará ata as dúas da mañá o horario de funcionamento dos locais de copas.